Doutor Who en preparación

600

Doutor WhoA canle pública inglesa, a BBC, ven de anunciar que está a desenvolver unha longametraxe baseada no seu grande éxito internacional de ciéncia-ficción, a série de televisión Doutor Who.

Un voiceiro da BBC Films confirmou que “hai un guión en desenvolvemento“, mentres daba a coñecer o regreso de David Tennant (o antigo doutor Who) como convidado especial no papel de Señor do Tempo na série secuela de Doutor Who, The Sarah Jane Adventures.

Nombergantes, o correspondente de espectáculos da BBC, Lizo Mzimba, dixo que non había garantías de que o filme se chegase a rodar; se o proxecto entraba na fase deprodución, o seu lanzamento podería ter que agardar moito tempo. Tampouco está claro se Tennant ou outro actor interpretaría ao protagonista.

Mentres tanto, Tennant, de 38 anos, ten previsto aparecer noutros dous episódios da nova série de 12 entregas sobre Sarah Jane e que escomezará a se emitir en setembro en Inglaterra.

Russell T. Davies, produtor executivo de The Sarah Jane Adventures e de Doutor Who, dixo que sería unha aparición estelar e non un mero cameo.

Na série orixinal, Tennant foi sustituido por Matt Smith, de 26 anos, que é nestes intres o 11º actor que dá vida ao doutor Who na história do programa.