Brad Pitt pérde-se na xungla

0
211

Brad PittA Paramount Pictures ven de se facer cos dereitos sobre Lost City of Z, un manuscrito de David Grann sobre a procura dunha cidade perdida no Amazonas, con Brad Pitt disposto para producir esta adaptación a través da súa empresa Plan B e tamén disposto para interpretar ao persoaxe protagonista.

O libro de Grann, ainda no prelo, vai sobre o coronel Percy Harrison Fawcett, un explorador inglés que estaba a procurar a cidade perdida de Z cando el e mais toda a súa expedición desapareceron en 1925. Nos seguintes 70 anos, moitos máis tentaron atopar o rastro de Fawcett, fracasando ún tras outro, incluída unha expedición en 1996 composta por aventureiros brasileiros. Neste filme, Pitt faría de Fawcett.

Seica a novela é a extensión dun relato publicado no xornal New Yorker en setembro de 2005. A editorial Doubleday será a encargada de publicar o libro nos Estados Unidos.

Cando Pitt expresou o seu interese en protagonizar e producir Lost City of Z, a Paramount moveu-se axiña para mercar os dereitos.