Tomb Raider unha prequela?

0
198

Tomb RaiderO produtor Dan Lin revelou á prensa que o previsto relanzamento da saga cinematográfica de Tomb Raider será, de feito, unha precuela. “É unha grande história sobre as orixes a que imos narrar”, dixo nunha entrevista. “Moi orientada aos persoaxes, eu diría, e mais realista cós anteriores filmes de Lara Croft“.

Lin engadiu que o casting para o papel ainda ten que escomezar, pero que os realizadores queren definitivamente a alguén mais nova que Angelina Jolie, a actriz que interpretou á famosa superheroína nas anteriores entregas da saga.