O filme de Tom Swift

0
206

Tom SwiftA Columbia Pictures ven de se facer cos dereitos sobre Swift, un guión de Barry Sonnenfeld e Ben David Grabinski, que foi descrito coma unha reinvención das aventuras de aventuras para nenos de Tom Swift en clave de ciéncia-ficción.

O proxecto será desenvolvido como un filme que dirixirá o mesmo Sonnenfeld.

O persoaxe de Tom Swift apareceu por primeira vez nunha série de libros que foron editados en 1910. Os libros orixinais foron ideados por Edward Stratemeyer, escritos por “negros” e na súa capa aparecía como autor o alcume de Victor Appleton.

A versión de Sonnenfeld e Grabinski representaría a Swift coma a metade dunha equipa composta por pai e fillo e que está considerada coma un dos grandes inventores de todos os tempos.

Albie Hecht (Unha série de desafortunados eventos de Lemony Snicket), que estivera a desenvolver un proxecto de Swift pola súa conta até agora, será o produtor desta longametraxe xunto a Sonnenfeld.