O novo na tele

0
188

Ian Mc ShaneIan McShane (Deadwood) ven de ser contratado para o reparto da nova série da canle americana NBC Kings, unha versión moderna das lendas do rei David. Christopher Egan interpretará ao mítico rei dos xudeus.

Michael Green (Heroes) escribiu o episódio piloto de Kings e ademáis será o produtor executivo.

Simon Baker, pola súa banda, interpretará ao protagonista de The Mentalist, facendo o papel dun persoaxe que utiliza un desenvolvido senso da observación para resolver crimes.

Xunto a Baker, estarán no reparto Owain Yeoman (The Nine), Amanda Righetti (O.C.), Shaun Toub (The Kite Runner) e Tim Kang (Third Watch).

Noutros novos seriais fantásticos a estrear, a ABC ven de dar a luz verde a Atlas, unha rara mistura dos libros de Harry Potter e O Labirinto de Pan, sobre unha nena que descubre un mundo secreto alén do mundo dos humanos.

Tom Wheeler escribiu o episódio piloto e será o produtor executivo.