Chase á bañeira do tempo

0
174

Chevy ChaseChevy Chase ven de se unir ao reparto da comédia de viaxes polo tempo Hot Tub Time Machine, xunto a John Cusack e Rob Corddry.

O filme, que dirixirá Steve Pink cun guión de Josh Heald, vai sobre un grupo de tipos insatisfeitos que viaxan atrás no tempo até os días nos que eran mozos, en 1987, grazas á súa bañeira.

Chase interpreta a un misterioso fontaneiro que reparte perlas de sabidoría e que podería (ou non) estar atrás destas viaxes metafísicas. O filme rodará-se en Vancouver, Canadá, e ten prevista a estrea en febreiro.