Morreu David Carradine

0
169

David CarradineO mítico protagonista de Kill Bill e da série de televisión Kung Fu David Carradine foi atopado morto nunha habitación dun hotel de Bangkok.

A policía tailandesa revelou que o actor, de 72 anos, foi atopado pola camareira do hotel sentado nun armário e cunha corda ao redor do pescozo o xoves á mañán.

O actor americano atopába-se en Thailándia filmando a súa derradeira longametraxe, Stretch.

John Arthur Carradine nacera o 8 de decembro de 1936 en Hollywood, Califórnia. Casara cinco veces e divorciou-se catro. O seu último intento foi en 2004. Carradine era parte dunha dinastía de actores que incluía ao seu pai, John Carradine, e aos seus irmáns Bruce, Keith e Robert. O papel da súa vida foi sen dúbida o de Kwai Chang Caine na série de televisión dos anos 70 Kung Fu, que tivo secuelas nos anos 80 e 90.

Após dunha carreira que incluiu mais de 100 películas e de traballar ás ordes de directores coma Martin Scorsese ou Ingmar Bergman, regresou á fama recentemente grazas ao seu papel no filme de Quentin Tarantino de 2003 Kill Bill. os afeccionados ao fantástico lembrarémo-lo asemade por filmes menores coma Death Race 2000, The Warrior and the Sorceress, ou Waxwork II: Lost in Time.

Carradine deixa viúva, Annie Bierman, e catro fillos.