O fillo de Hopper vai-se con Craven

0
225

Henry Lee HopperHenry Lee Hopper, Denzel Whitaker, Shareeka Epps e Emily Meade serán os protagonistas do novo thriller de terror de Wes Craven, que polo de agora leva o título de 25/8, para a Rogue Pictures.

Hopper, o fillo do tamén actor Dennis Hopper, fará o papel protagonista, o de Bug, ún dos sete rapaces enmeigados por un asasino en série que supostamente morreu cando el naceu hai 15 anos. A acción do filme ten lugar ao longo dun só día, mentres o mistérios vai-se descubrindo pouco a pouco perante os abraiados ollos dos rapaces.

Epps (Half Nelson), Whitaker (The Great Debaters) e Meade (Assassination of a High School President), que serán tamén parte do elenco de actores, son adolescentes con vários proxectos xa nas súas costas, pero 25/8 será o debut profesional para Hopper. Craven está a recrutar actores relativamente descoñecidos para evitar que os espectadores teñan ideias preconcebidas sobre quen será o que morra na pantalla.

Hopper acadou este papel após de coñecer a Craven nunha festa celebrada na honra do seu padriño, Julian Schnabel. A parella enfrascou-se nunha conversa sobre arte, incluindo as pinturas expresionistas que o rapaz fixo no seu estudo en Venice, Califórnia. Craven dixo que o rapaz encaixa no papel do inicialmente inocente e inxénuo Bug, que mudará a medida que acontezan os estraños sucesos que Craven ten previstos para os espectadores.