Remake de Curtacircuito

0
158

CurtacircuitoA Dimension Films ven de contratar ao guionista de Robot Chicken, Dan Milano, para que se encargue do libreto de Curtacircuito, o remake da clásica comédia de 1986.

O filme orixinal ía sobre “Número Cinco”, un robot do exército armado cun potente raio láser que após de lle cair un lóstrego enriba, adquiría unha persoalidade de seu e fuxía das instalacións militares para se agochar entre seres humanos normais e poder aprender da vida.

Milano é o autor do guión e ademáis proporciona a voz dos protagonistas da série de debuxos animados para adultos Robot Chicken, emitida dentro do programa Adult Swim, e é co-creador e intérprete do persoaxe principal noutra série da tele, Greg the Bunny. Agora tentará dar-lle un xiro subversivo ao entrañábel robot orixinal, que foi rodado cun guión de S.S. Wilson e Brent Maddock.

David Foster, que produciu o filme orixinal e voltará para facer a mesma laboura neste remake xunto a Ryan E. Heppe e John Hyde, dixo que Milano viu a película orixinal cando estaba no coléxio e que está encantado de poder poñer ao día o concepto.