Weaver nunha comédia de CF

0
174

Sigourney WeaverSigourney Weaver será a protagonista de You Again para a Disney e está en conversas para se unir á comédia de ciéncia-ficción que dirixirá Greg Mottola e que levará por título Paul para a Universal e mais a Working Title.

De aceptar, Weaver rodaría primeiro Paul, unha comédia sobre dous fans da ciéncia-ficción (interpretados por Simon Pegg e Nick Frost) que descubren a un álien fuxido (e a quen lle dá a voz Seth Rogen) preto do famoso Área 51 e tentarán botar-lle unha man. Weaver, que foi a protagonista dos catro filmes de Alien, prefire manter en segredo o papel que vai interpretar.

Weaver logo pasaría a protagonizar You Again con Kristen Bell para o director Andy Fickman (Race to Witch Mountain). Bell faría dunha moza que volve a casa para a voda do seu irmán e fica horrorizada ao descubrir que a noiva é a súa pior inimiga no coléxio. Weaver fará neste filme da tía rica da noiva.

Weaver ademais aparecerá axiña no filme Avatar, que dirixe o realizador de Áliens, James Cameron, na 20th Century Fox.