Desafío máis ca Total

0
169

Desafio TotalA Columbia Pictures ven de se facer cos servizos de Kurt Wimmer (Equilibrium) para que escriba unha nova versión de Desafío Total para o remake proposto do famoso filme de acción e ciéncia-ficción que protagonizou Arnold Schwarzenegger en 1990.

A película será unha adaptación e posta ao día da logametraxe que no seu momento foi inspirada pola novela de Philip K. Dick We Can Remember It for You Wholesale.

Total Recall (Desafío Total) foi resucitada para este remake a primeiros deste ano polos estudos e polo produtor Neal Moritz e o seu selo Original Films. A Columbia asegurou-se os dereitos para o remake que posuía a Miramax, que ainda ten a opción de co-financiar o filme cando estea listo para se rodar.