Disney e Stan Lee, unión de feito

0
204

Stan LeeA Walt Disney Pictures e mais Stan Lee veñen de concretar un trío de proxectos cinematográficos que contarán con Lee e Gill Champion no papel de produtores executivos a través da súa compañía, a POW! Entertainment. Os proxectos están completamente baseados en histórias de Stan Lee.

Nick Ratchet será dirixida por Richard LaGravenese (P.S. I Love You) a partir dun guión del mesmo. Larry Jacobson e Sonny Grosso están en conversas para producir.

Blaze contará cun guión de Gary Goldman (Next).

Tigress ten un guión do debutante Zoe Green. Robert Teitel, da State Street Pictures, e máis George Tillman serán os produtores. Este filme non é o mesmo có igualmente titulado Tigress e que Michelle Rodriguez ía protagonziar, xa que ese proxecto estaba baseado nun persoaxe das novelas de Conan o Bárbaro.

Os estudos ainda non deron detalles sobre os argumentos destes tres filmes.