Ben Bova vai ao cinema

0
176

The Inmortality FactorA compañía do escritor de ciéncia-ficción Ben Bova, a B-Four Productions, ven de se asociar coa Red Giant Media para desenvolver a novela de Bova The Immortality Factor como longametraxe.

O xerente da Red Giant e mais guionista de The Negotiator Kevin Fox escribirá o libreto, coa Fox, Isen Robbins e Aimee Schoof na produción para a Red Giant e Grant Turck producindo para a B-Four.

A novela The Immortality Factor vai sobre dous irmáns, ún que é científico e outro un médico, divididos polas súas ideias sobre a investigación con células nai pero unidos pola necesidade de salvar a vida dunha muller á que ambos os dous aman.

O libro, publicado por Tor en abril, é a versión sen censura do thriller de 1996 Brothers, do mesmo Bova.