Gigandet confírma-se como vampiro

0
171

Cam GigandetCam Gigandet será o coprotagonista xunto a Paul Bettany en Priest, o western de terror que Scott Stewart está a dirixir para a Screen Gems.

Adaptado por Cory Goodman a partir dun cómic publicado pola editorial TokyoPop, Priest está ambientado nun mundo destruido dende hai séculos pola guerra entre os homes e os vampiros e vai sobre un sacerdote guerreiro (Bettany) que se volve contra a súa igrexa para poder perseguir a unha perigosa banda de vampiros que secuestraron á súa sobriña.

Gigandet interpreta a un xoven sheriff que é en parte vampiro, e que se aliará con Bettany para salvar á rapaza da que está namorado, a sobriña do cura. O papel da sobriña está aínda por adxudicar a unha actriz.

Non é a primeira vez que Gigandet interpreta a un chuchasangue: o actor xa ten experiéncia vampírica após de gañar un prémio MTV á millor pelexa polo seu traballo no filme Twilight.