Os herdeiros de Superman gañan

1560

SupermanOs herdeiros de Jerome Siegel, ún dos dous míticos creadores de Superman, veñen de gañar unha durísima batalla legal contra a Warner Brothers cando a semana pasada un tribunal federal dos Estados Unidos devolveulles os dereitos sobre a franquía do superheroe que foran vendidos hai 71 anos.

Esa vitória, e a potencial dos herdeiros do outro co-creador, Joe Shuster, dentro de cinco anos cando poidan exercitarse, poderían afectar gravemente aos plans da Warner para facer novas entregas da saga cinematográfica do Home de Aceiro.

Os estudos teñen alomenos dous proxectos de Superman na recámara: unha continuación do Superman Returns de Bryan Singer e mais o filme da Liga da Xustiza. E ambos os dous poderían custar-lle centos de millóns de dólares en conceptos de dereitos de autor que deberán pagar aos herdeiros de Siegel agora que veñen de perder o xuizo, que se refería tan só aos filmes feitos dende 1999.

Os estudos declinaron comentar a recente senténcia, pero emitiron un comunicado no que dicían que “hai asuntos substanciais nesa senténcia que se fallaron ao noso favor“.