Habemus mais Futurama!

0
166

FuturamaTal e coma se viña rumoreando nos últimos tempos, a série de debuxos animados Futurama regresará á televisión, concretamente á canle Comedy Central, seis anos despois de que a Fox decidira suspende-la.

Un voceiro da 20th Century Fox Television confirmou a fichaxe da série para a súa canle e fixo oficial que a emisora por cable ven de encargar 26 novos episódios desta série de debuxos creada por Matt Groening e David X. Cohen. A emisión escomezaría en 2010.