Marcus Nispel dirixirá Conan

0
213

Marcus NispelMarcus Nispel é a fichaxe da Nu Image/Millennium Films para que se faga cargo da dirección do novo Conan, as novas aventuras do persoaxe creado polo escritor Robert Howard, e que interpretara por primeira vez Arnold Schwarzenegger en 1982.

A produción do remake escomezará a finais deste ano con localizacións en Bulgária e Sudáfrica e será unha coprodución entre a Nu Image/Millennium e mais a Lionsgate. Avi Lerner e Joe Gatta producen xunto a Fredrick Malmberg.

Esta será a película máis ambiciosa de Lerner, con guión de Thomas Dean Donnelly e Joshua Oppenheimer, cuxos créditos anteriores inclúen Sáhara e Cowboys & Aliens.

Nispel é un auténtico experto en facer remakes, porque xa se encargara anteriormente de Venres 13, O guía do desfiadeiro e A matanza de Texas (2004), pero este será un soño feito realidade para o realizador, que se imaxina ao persoaxe coa influenza das ilustracións de Frank Frazetta e do Apocalypto de Mel Gibson.

Boaz Davidson, George Furla, Henry Winterstern, Trevor Short e Danny Dimfort serán os produtores executivos.