Del Toro e o reparto do Hobbit

655

Guillermo del ToroO cineasta mexicano Guillermo del Toro ven de conceder unha entrevista na que falou dalgúns dos proxectos nos que está a traballar, e o mais importante e agardado deles é O Hobbit, a adaptación cinematográfica da novela de J.R.R. Tolkien. A história dividirá-se en dúas partes, incluindo o Concílio Branco e as idas e vidas de Gandalf a Dol Guldur. O director comenta que se introducirán pasaxes relacionados co Nigromante, ou sexa, o nome que recibía Sauron mentres ficaba agocho nunha fortaleza do Bosque Negro. Por outra banda, explica que xa levan oito meses traballando no deseño do dragón Smaug, tarefa na que considera que ainda se investirá outro médio ano. Ademais Del Toro confirmou que Ian McKellen (Gandalf), Andy Serkis (Gollum) e Hugo Weaving (Elrond) participarán nas dúas longametraxes.

O outro grande interrogante é quen será o encargado de dar vida a Bilbo Bolsón, xa que Iam Holm, de 80 anos de idade, non volverá a dar vida ao mesmo persoaxe coma xa fixera na triloxía de O Señor dos Anéis. Hai uns días, Del Toro conversou sobre este asunto coa prensa e recoñeceu que, dos catro candidatos posíbeis, por fin se elixiu ao axeitado: “Coido que agora estamos moi preto de dicir un nome“, sinalou, polo quenas vindeiras semanas por fin poderemos poñer unha face ao hobbit Bilbo.