Ioan Gruffudd á tele

0
177

Ioan GruffuddO protagonista de Os Catro Fantásticos e nova icona gai Ioan Gruffudd (Reed Richards) ven de ser contratado para facer o papel masculino principal que o enfrontará a Amy Smart en The Meant to Be’s, un episódio piloto para unha nova série da canle CBS.

Meant to Be’s, da CBS Paramount Television, será un drama romántico sobre unha muller morta (Smart) enviada de volta á Terra para axudar á xente a millorar as súas vidas. Gruffudd, que fixo de Mr. Fantastic nos dous filmes dos 4F, será nesta ocasión o seu guía e mentor.