Stephen King, grande vencedor nos Bram Stoker

950

Stephen KingA tecnoloxía moderna venceu aos “non-mortos” nos recén dados a coñecer prémios Bran Stoker 2009 que concde anualmente a Horror Writers Association (Asociación de Escritores de Terror) en Burbank, Califórnia. E todo porque a sesión de vídeo a través da Internet que pretendían levar a cabo os membros do xurado para presentar aos gañadores fallou por motivos técnicos e tivo que ser sustituida por unha mais modesta sesión de Twitter na que os usuários desta rede social tiveron que facer as veces de xornalistas e ir anunciando ao mundo o que acontecía no interior da sala.

Como este ano celebrou-se en Califórnia, puideron asistir ao banquete membros da comunidade hollywoodense, entre os que se atopaban Doug Jones (O Labirinto de Pan, Os Catro Fantásticos: Silver Surfer) e Patricia Tallman (Babylon 5, O Exército das Tréboas).

O mestre de cerimónias foi Jeff Strand, quen presentou a estes gañadores:

  • Colección de Poesía: The Nightmare Collection, de Bruce Boston
  • Non-ficción: A Hallowe’en Anthology, de Lisa Morton
  • Antoloxía: Unspeakable Horror por Vince A. Liaguno e Chad Helder
  • Colección: Just After Sunset, por Stephen King
  • Millor conto: The Lost, por Sarah Langan
  • Prémio á prensa: Larry e Debra Roberts da Bloodletting Press
  • Millor Conto longo: Miranda, de John R. Little
  • Millor primeira novela: The Gentling Box, de Lisa Mannetti
  • Millor novela: Duma Key de Stephen King

Ademáis concedeu-se o prémio Silver Hammer a Sephera Giron e mais o prémio Presidente Richard Laymon a John R. Little.

Grandes vencedores da noite foron tamén F. Paul Wilson e Chelsea Quinn Yarbro, que se levaron o prémio aos Méritos dunha Carreira, uníndo-se asemade a anteriores gañadores coma Stephen King ou Anne Rice. Wilson e Yarbro son os responsábeis da creación de persoaxes clásicos, o mercenário Jack e mais o conde vampiro Saint-Germain, respectivamente.