Christopher Lee, o novo Sir

0
172

Christopher LeeO actor inglés Christopher Lee, recoñecido por intepretar ao “malo” en case todos os seus filmes e na saga do Señor dos Anéis, onde deu vida a Saruman, foi distinguido o sábado pasado co título de Cabaleiro pola raíña Elizabeth II.

Este sábado, Lee, quen deu vida a Drácula e Frankestein, recibiu xunto ao golfista Nick Faldo e ao escritor Andrew Motion esta condecoración, que coincide coa celebración oficial do aniversário da raíña Isabel II, de 83 anos, o 21 de abril.

Actualmente, o prolífico actor, quen participou nunhas 220 películas dende 1948, atópa-se en New Mexico rodando o seu filme mais recente.

As distincións son outorgadas pola raíña Isabel após da recomendación do governo británico, que quixo premiar a xente coñecida polas suas labouras de beneficéncia ou por axudar á sua comunidade.

A monarca celebrará de maneira oficial este sábado o seu aniversário cun percorrido que fará en carruaxe dende o pazo de Buckingham até as instalacións da garda real, o Horse Guards Parade, onde os soldados serán parte do paseo.