Tan só un día antes de que escomezara a rodaxe, Mark Wahlberg ven de sustituir a Ryan Gosling en The Lovely Bones, a agardada adaptación da novela homónima de Alice Sebold que Peter Jackson dirixe para a DreamWorks.
Wahlberg fai-se co papel de Jack Salmon, o aflixido pai dunha nena. Gosling marchou após de gañar 9 kilos e deixar-se medrar a barba para a rodaxe. As fontes consultadas afirman que a súa saída obedece a diferéncias creativas.
Após de ler o guión, Wahlberg comprometeu-se axiña o 21 de outubro. El e Rachel Weisz interpretan a unha parella cuxo mundo fica rachado en anacos após de que a súa filla morra asasinada. A nena vixiará dende entón aos seus pais e mais ao seu asasino dende o ceo. Jackson escribiu o guión xunto á súa muller, Fran Walsh e Philippa Boyens, as súas colaboradoras nas mesmas tarefas en O Señor dos Aneis e King Kong.
O filme escomezou a se rodar o mércores en Pennsylvania, onde Wahlberg xa fixera o papel protagonista en The Happening, o filme de M. Night Shyamalan para a Fox.