Kevin Spacey volverá ser Lex Luthor

867

Kevin Spacey no papel de LuthorVan-se desvelando detalles sobre a secuela de Superman Returns, que podería chamar-se Superman: O Home de Aceiro e no que ademáis do seu director seica repetirá tamén alomenos ún dos seus protagonistas, Kevin Spacey, quen volverá dar vida ao malvado Lex Luthor.

Coido que xa comezaron as negociacións e en realidade estou totalmente decidido a asinar para face-lo“, afirmou o oscarizado actor en declaracións á prensa, asegurando que se o proxecto finalmente “segue adiante e ainda me queren nel, seguro que alí estarei“.

Spacey recoñeceu que o de Luthor, ao que anteriormente deu vida Gene Hackman, é un persoaxe que sempre lle entusiasmou e que outro dos motivos polos que aceptou protagonizar Superman Returns foi por volver a traballar outra vez con Bryan Singer, un director con quen coincidiu en 1995 en Sospeitosos Habituais e ao que califica de “un xénio absoluto“.

Agora que o seu idolatrado Singer confirmou que estará ao fronte da secuela, coa que tentará colleitar o éxito que non logrou con Superman Returns, Spacey sube ao carro dunha secuela que, segundo prometeu o cineasta neoiorquino, será máis trepidante e terá moita máis acción que a primeira entrega.

A estrea de Superman: O home de aceiro está prevista para o verán de 2009.