John Carter comeza a ter actores

0
183

John Carter de MarteMentres facía a promoción do seu último filme, Imagine That, o actor Thomas Haden Church (Sideways, Spiderman 3) revelou que axiña formará parte doutra salientábel franquía: “Probábelmente vou facer un grande filme de ciéncia-ficción para a Disney titulado John Carter de Marte na vindeira primavera e vai ser un papel moi importante“, dixo.

Creado polo mesmo escritor de Tarzán, o clásico Edgar Rice Burroughs, a saga de novelas vai sobre un veterán da guerra civil americana que viaxa misteriosamente a Marte e alí atopa unhas incríbeis creaturas alieníxenas que semellan as bestas de antigos mitos, seres humanoides e finalmente o seu destino como guerreiro e salvador dos habitantes do planeta.

Por outra banda, os actores de X-Men Origins: Wolverine Taylor Kitsch e Lynn Collins tamén formarán parte do cásting desta longametraxe.

Kitsch (The Covenant) será o protagonista, mentres que Collins (True Blood) interpretará a Dejah Thoris, a herdeira do reino marciano de Helium.

Andrew Stanton (Wall-E) escribiu o guión xunto a Mark Andrews e será o director. Jim Morris e Colin Wilson serán os produtores deste filme que pretende ser unha nova franquía e que comezará a se rodar a finais de ano.