O novo Bond xa ten tres guionistas

0
144

007O guionista de Frost/Nixon Peter Morgan unirá-se aos veteráns da saga de James Bond Neal Purvis e Robert Wade para escribir conxuntamente o guión da vindeira entrega do superaxente secreto británico.

Os produtores Michael G. Wilson e Barbara Broccoli da EON Prods. e mais a MGM queren sacar adiante canto antes a que será a 23ª entrega da popular série de espías.

Purvis e Wade traballaran xuntos en Quantum of Solace e Casino Royale.

Xa se sabe que Daniel Craig repetirá o seu papel como axente 007, e que Wilson e Broccoli serán unha vez mais os produtores. Ainda non hai data para o escomezo da rodaxe, pero a EON e mais a MGM queren que todo estea disposto para poder estrear o filme en 2011.

Este novo filme será o primeiro no que a MGM sexa a única distribuidora após de que nos dous anteriores tivera que compartir esta tarefa con diversas empresas. As primeiras 20 películas tamén foran distribuidas pola Metro.

Morgan escribiu o guión e mais a adaptación á pantalla grande de Frost/Nixon, así coma O derradeiro rei de Escócia e A Raíña. Ultimamente estivo a traballar en The Special Relationship para a HBO, e en Hereafter para a DreamWorks.

O traballo de Purvis e Wade puidémo-lo ver en The Brazilian Job, a secuela de The Italian Job, na que tamén foron os guionistas.