Dúas racións máis de Star Trek?

0
232

Simon PeggSimon Pegg, o actor que dá vida ao novo Scotty no vindeiro filme de J.J. Abrams da saga de Star Trek, revelou á prensa que a súa parte na película xa está completada, pero que asinou para facer dous novos filmes se o primeiro ten éxito.

Fixémolo. O meu traballo está feito“, dixo nunha entrevista. “E foi superguai“.

Pegg declinou comentar nada sobre o argumento do filme, pero recoñeceu estar encantado de ter interpretado ao enxeñeiro xefe Montgomery “Scotty” Scott, o papel que orixinalmente fixo James Doohan na série de televisión e nas secuelas cinematográficas.

Foi definitivamente intimidante estar alí e ve-lo todo“, dixo o cómico inglés (que tamén aparece en Shaun of the Dead). “Por suposto, son un grande fan“.

A estrea da nova entrega de Star Trek está prevista para o 8 de maio de 2009.