Mañá, cando escomezou a guerra

0
182

Tomorrow, when the war beganStuart Beattie, o co-guionista de Austrália, fará o seu debut como director cunha adaptación da novela de ciéncia-ficción para adolescentes Tomorrow, When the War Began. Beattie tamén escribiu o guión.

Tomorrow é a primeira novela dunha popular saga de sete libros escritos polo australiano John Marsden e editados entre 1994 e 1999. A Série de Tomorrow detalla os esforzos da insurxéncia formada por unha banda de adolescentes australianos que se rebelan contra unha invasión do seu país.

Beattie está á procura de actores e quere ter o reparto a punto para escomezar a rodar en setembro. A compañía australiana de Sydney Omnilab Media (Dead of Night) será a que poña os cartos e ademais aporte os efectos especiais grazas á súa filial Iloura.

Os realizadores queren que esta sexa a primeira dunha franquía de tres películas que narre as aventuras dos tres primeiros libros da saga, e deixar os outros catro, se teñen éxito abondo, para unha série de televisión.