Natalie Portman, o cisne negro

0
190

Natalie PortmanNatalie Portman participará no vindeiro proxecto de Darren Aronofsky, Black Swan, un thriller sobrenatural ambientado no mundo do ballet en New York City.

O filme estivo até agora nas mans da Universal Pictures pero finalmente non quixeron face-lo e puxeron os dereitos a disposición doutros estudos, vários dos cales amosaron o seu interese.

Nombergantes, moitas cousas aconteceron dende que a película fora proxectada por primeira vez pola Universal. Mark Heyman, un executivo da empresa de Aronofsky, a Protozoa Pictures, fixo unha reescritura completa do guión orixinal de John McLaughlin.

Black Swan vai sobre unha veterá bailarina (Portman) que se atopa encerrada nunha situación de competéncia cunha bailarina rival, coas apostas e os xiros cada vez a maior nivel mentres se achega a data dunha grande representación. O que non está claro é se a rival é unha aparición sobrenatural ou se a protagonista está a padecer ilusións.

Se a Universal vende por fin os dereitos, Black Swan podería escomezar a se rodar este mesmo ano. Aronofsky polo de agora non ten outro proxecto como director entre mans, ainda que está a desenvolver o rexurdimento de Robocop na MGM.