O Capitán América regresa de entre os mortos

0
182

Capitán AméricaDous anos despois de que a Marvel Comics decidira acabar coa vida do “ser humano perfecto”, o Capitán América está disposto a regresar e en millor estado ca nunca, segundo todas as fontes consultadas.

O Capitán América orixinal vai regresar finalmente“, dixo o editor xefe da Marvel Comics, Joe Quesada, á prensa. “Levamos planeando pacientemente este momento dous anos e médio“.

O Capitán América regresará o mes que ven nunha minisérie de cinco números, titulada Captain America Reborn.

O Capitán América fora tiroteado nos chanzos dun tribunal onde se negou a declarar 68 anos despois de que os seus creadores Joe Simon e Jack Kirby nos presentasen a Steve Rogers, un rapaz fraco que fora rexeitado polo Exército americano pero que se somete a unha proba par se converter nun “súper soldado” e asemade pode ir á guerra a loitar contra dos nazis.

Ainda non se sabe ren de como pretenden facer revivir ao Capitán América, pero esta non sería a primeira vez que o popular super heroe rexurde, xa que anteriormente pasara decenas de anos encerrado nun bloco de xelo após da Segunda Guerra Mundial.

A Marvel ten ademais previsto adaptar ao persoaxe ao cinema en The First Avenger: Captain America, con data de estrea para o 22 de xullo de 2011.