J.J. Abrams e Cruise co-producirán M:I IV

0
169

Misión ImposíbelAntes de que a reaparición estelar da saga de Star Trek convertese ao director J.J. Abrams no novo rei de Hollywood, o único filme que tiña no seu haber era a terceira entrega de Misión Imposíbel, a saga de espías baseada na clásica série de televisión, protagonizada no cinema por Tom Cruise e chea de efectos especiais do máis espectaculares.

Agora as cousas son distintas e Misión Imposíbel IV vai tomando forma na Paramount, os estudos que fixeron o Star Trek de Abrams e que despediron á súa estrela mais famosa, Tom Cruise, non hai demasiado tempo.

E a nova é que Cruise e Abrams están de acordo para coproducir a secuela, que se estrearía en 2011.

O regreso de Cruise á Paramount é un pouco abraiante despois do xeito no que foi despedido en 2006, pero a súa resurrección grazas á United Artists fai que agora estea en disposición de negociar cos seus antigos xefes e mesmo de que as relacións volvn a ser amigábeis.

O que non está claro é que Abrams poida poñer-se na cadeira de director para a cuanta entrega de Misión Imposíbel, porque xa ten o compromiso de facer a secuela de Star Trek en 2011, e Cruise tamén ten a axenda chea, pero todo está por ver ainda…