Volven os Heroes, pero sen Orixes

0
189

HeroesA série Heroes regresará á NBC o vindeiro 15 de setembro cun episódio especial, mentres que os executivos da canle confirman que a súa secuela, Heroes: Origins, está oficialmente morta.

Eliximos conscientemente que Heroes descansara esta primavera para que o seu creador, Tim Kring, e mais a súa equipa puideran prepararnos un grande acontecemento, un especial de tres horas“, dixo Ben Silverman, co-presidente da NBC Entertainment e da Universal Media Studios, no decurso dunha rolda de prensa na que presentou a nova série aos anunciantes o pasado 2 de abril. O luns 15 de setembro haberá un episódio de dúas horas de duración precedido por unha reportaxe especial dunha hora.

Silverman explicou que a secuela desta popular série (que en Galiza emitía a TVG), a moi agardada Heroes: Origins, está morta. Orixinalmente tentába-se que a secuela servise para evitar a repetición de episódios, directores e guionistas, e mesmo de veteráns da série coma Kevin Smith, Eli Roth e Michael Dougherty, pero finalmente abandonou-se a ideia.

A canle quería 35 episódios da série principal e 12 de Heroes: Origins, cada ún cun episódio piloto e unha mini película de seu, pero finalmente decidiu-se que era millor concentrar os esforzos na série prncipal tanto coma fose posíbel.