Jessica Alba e a Bande Dessinée

0
213

InsidersA actriz Jessica Alba volverá rodar baixo as ordes do realizador que xa a dirixira en Sin City, o texano Robert Rodriguez, na vindeira Insiders, que será unha adaptación dun popular cómic francés de espías orixinal do debuxante Jean-Claude Bartoll.

A saga, moi coñecida en Franza, onde vendeu decenas de miles de cópias, leva xa sete volumes e se agarda a aparición dun oitavo para o mes de outubro. A história vai sobre Najah Cruz, unha colombiana que traballa para a Casa Branca e que debe infiltrar-se e axudar a destruir unha organización criminal internacional composta por políticos e homes de negócios. A acción percorre diversos países, incluindo Chechénia, Afganistán, Rúsia e China. O que non está claro é que partes destas novelas gráficas serán as que sexan transferidas á pantalla grande.

Jessica Alba non é nova no de interpretar adaptacións de persoaxes do cómic, xa que fixo de Susan Storm (a Rapaza Invisíbel) nos filmes dos Catro Fantásticos e tamén da exótica bailarina Nancy Callahan en Sin City. Ademais, interpretou á supersoldado Max Guevara na série de televisión de James Cameron Dark Angel.

Polo de agora non se coñecen mais detalles sobre este filme, nin datas de escomezo nin mais actores para o reparto.

Nombergantes, Rodriguez ten moito choio por diante, xa que entre os seus vindeiros proxectos están Os Supersónicos, Red Sonja e Sin City 2.