Adiante Mutantes!

0
178

GortA Universal Pictures ven de adquirir os dereitos para a pantalla grande da novela de Larry Doyle Go Mutants! O filme contará coa produción do xefe da Imagine Entertainment, Brian Grazer, e o mesmo Doyle escribirá o guión.

Go Mutants! é unha comédia de aventuras con adolescentes ambientada nun coléxio onde todas as tropas invasoras das películas clásicas de ciéncia-ficción dos anos 50 fan-se realidade. Anos despois, os fillos desas creaturas mutantes están misturados co resto dos habitantes da vila.

Doyle dixo que o libro e mais o filme fan moi posíbel os cameos das creaturas mais salientábeis dos vellos filmes de ciéncia-ficción dos anos 50, coma Gort (o robot de Ultimato á Terra) ou a creatura da lagoa negra, metade peixe metade humán.

Os estudos e mais a Imagine mercaron o libro cando ainda está por rematar, pero Doyle prometeu finalizar a súa novela este verán e poñer-se a traballar no guión, todo ao mesmo tempo. O libro non aparecerá nos andéis das librarías até o verán que ven.

William Horberg e David Bernardi da Imagine serán os produtores executivos.

Non é a primeira vez que Doyle presenta unha novela aos estudos de cinema, xa que moi recentemente adaptou a súa I Love You, Beth Cooper para que a dirixise Chris Columbus na produción da Fox que se estrea o vindeiro 10 de xullo.