O especialista en efectos especiais Charles Gibson fará o seu debut como director dunha longametraxe grazas a un guión para unha comédia de Geoff Rodkey titulado The Goblin.
Matt Berenson será o produtor xunto ao presidente da Wind Dancer Film, Matt Williams, e mais Judd Payne. os produtores executivos serán David McFadzean e Dete Meserve, da Wind Dancer.
A história vai sobre unha família das afóras dunha grande cidade que se muda á súa nova casa e alí atopan a un “goblin”, un trasno fervello e rebuldeiro que non lles permite ficar alí.
“O de crear a un goblin é algo que atraerá a espectadores de todas as idades“, dixo un moi optimista Williams.
Gibson foi o gañador do Oscar aos millores efectos especiais por Babe o porquiño valente e por Piratas do Caribe O Cofre do Home Morto. Ademáis, participou nos efectos especiais e dirixiu a segunda unidade en todos os filmes da franquía dos Piratas do Caribe e en Terminator Salvation.