A Warner fará un filme de Hyperion

0
205

A capa do libroO produtor Graham King ven de contratar a Dan Simmons, o premiado autor da saga literária de ciéncia-ficción Hyperion Cantos para a Warner Brothers, con Trevor Sands para que adapte os primeiros dous libros nunha película. King será o produtor a tavés da súa empresa, a GK Films.

O primeiro libro, Hyperion, gañou o prémio Hugo á millor novela en 1990, mentres que o segundo, The Fall of Hyperion, foi nominado ao prémio Nebula á milor novela.

Hyperion trata dunha guerra espacial, coa maioría da acción transcurrindo nun planeta chamado Hyperion, coñecido non só polas súas árbores eléctricas senón tamén polas súas Tumbas do Tempo, grandes artefactos que se poden trasladar polo tempo. As tumbas están gardadas por un monstro chamado Shrike, que empala á xente nas árbores de metal.

King adquiriu os dereitos para esta saga hai vários anos, pero a súa estrutura (inspirada no Decamerón de Boccaccio e polos Contos de Canterbury de Chaucer) e as súas moitas liñas temporais facían que a adaptación á pantalla grande fosen algo moi complicado.