Dez millor ca cinco

0
332

O OscarA Académia de Cinema de Hollywood ven de anunciar que por primeira vez en mais de 65 anos, e para a vindeira entrega de prémios, que será a 82ª, os nominados na categoría de millor película pasarán a ser dez no canto dos cinco que son actualmente.

O curioso é que o presidente da Académia, Sid Ganis, dixo mentres anunciaba a nova que “ter dez nominados á millor película vai permitir aosmembros da Académia recoñecer e incluir algúns dos filmes fantásticos que decote aparecen noutras categorías do Oscar pero que son eliminados da carreira polo primeiro prémio“. Toda unha declaración de intencións con respeito ao cinema que mais se roda, que mais se ve e que mais cartos, con enorme diferéncia, dá en Hollywood.

Esta ampliación chega despois das moitas queixas que se escoitaron o ano pasado, cando entre os cinco finalistas ao millor filme do ano non se puido incluir a O Cabaleiro Escuro, mália ser o que mais recadou e un dosde maior calidade presentados en 2007. E o mesmo se pode dicir con respeito a moitos outros filmes fantásticos que rematan por desaparecer dos postos de honra.

As regras deste ano poderían favorecer a filmes que se levan todo no despacho de billetes, coma Star Trek, que doutro xeito non serían nin tan sequera considerados polos estritos votantes da Académia.