Finou Charlton Heston

1548

Charlton Heston en O Planeta dos SímiosO actor americano Charlton Heston, ún dos derradeiros grandes clásicos do cinema de Hollywood dos anos 50 e 60, finou hoxe na súa casa de Beverly Hills, en Los Angeles, aos 83 anos de idade, segundo ven de confirmar a súa família.

O artista, que levaba retirado da interpretación dende había anos, padecía dende 2002 unha enfermidade dexenerativa semellante ao síndrome de Alzheimer, que implica dende os seus primeiros intres a perda da memória e un deterioro paulatino das funcións vitais.

Foi o mesmo actor, hai uns anos, o que anunciou públicamente que sufría este mal, que tamén afectou ao actor e ex presidente dos EE.UU., Ronald Reagan, ún dos seus amigos. Mália a dureza do trance, Heston mantivo até o derradeiro intre unha grande compostura, semellante á que aplicou aos seus papeis históricos.

Para os afeccionados ao xénero fantástico, Heston sempre ficará na memória por moitísimos papeis ao longo da súa carreira, escomezando por persoaxes míticos coma Moisés en Os Dez Mandamentos, ou Xoán Batista en A História máis grande xamáis contada.

Nombergantes, sería o seu papel do astronauta George Taylor en O Planeta dos Símios (1968) o que lle reservou un posto no cinema fantástico para sempre. En Alén do Planeta dos Símios (1970) repetiría o mesmo papel, pero non deixou de ter intervencións no xénero coma o de Neville en The Omega Man (1971), o protagonista de Soylent Green (1973), ou aparicións en séries de TV e filmes coma SeaQuest e Na boca da loucura (1995). O seu derradeiro papel foi disfrazar-se do pai do doutor Zeius na versión de Tim Burton de O Planeta dos Símios.

Pero a súa vida como actor de prestíxio ficou totalmente empañada por mor da súa actividade política nos últimos anos, cando liderou a organización ultradereitista Asociación Nacional do Rifle, defendendo o suposto dereito a posuir armas nos Estados Unidos, o que lle custou moitas críticas e aldraxes.