A ditadura de Irán usa O Señor dos Anéis contra o seu povo

0
181

O Señor dos AnéisMentres as manifestacións continúan a se suceder nas rúas de Teherán por mor das protestas contra as eleccións fraudulentas, o governo da ditadura teocrática de Irán está a recurrir a todos os médios ao seu dispór para evitar que triunfe a liberdade. Así, ademais da habitual propaganda antiamericana que está a lle botar as culpas aos misteriosos axentes secretos da CIA que seica controlan o mundo xunto aos Homes de Negro, estes días están a botar pola tele a saga do Señor dos Anéis para evitar que a xente saia ás rúas a protestar e fique na casa mirando a tele.

Ainda que os médios de comunicación estranxeiros foron expulsados do país, que fica arestora baixo unha férrea lei do silenzo de portas afóra, soubo-se que a televisión iraniana, que habitualmente nunca emite cinema nin séries de televisión que non sexan feitas por allatolás ou que non entren dentro da mais estrita lei islámica, estáa emitir estes días os tres filmes seguidos da saga de Peter Jackson do Señor dos Anéis como parte dos esforzos do governo para evitar liortas nas rúas.

Nombergantes, hai quen está a facer comparacións pouco agradábeis para os ditadores iranianos, xa que o comportamento heroico dos hobbits contra un poder moi superior é tomado como sinal de que a loita debe continuar.