Spielberg e Noah Wyle nunha de áliens

0
188

Noah WyleA antiga estrela da série de televisión Urxéncias, Noah Wyle, quen hai pouco se converteu nun heroe de acción grazas aos seus telefilmes da saga de Librarian (O Bibliotecário, en España), será o protagonista dunha nova película deseñada para a pequena pantalla, nesta ocasión para a canle TNT, e que irá sobre unha invasión álien. O telefilme será un episódio piloto para unha posíbel nova série e marcará a súa reunión co produtor e director Steven Spielberg.

É un priviléxio poder escomezar unha segunda série con Noah“, dixo Spielberg, cuxa compañía estivo xa atrás de Urxéncias. “A primeira vez non foi de todo mal“.

O proxecto, escrito por Robert Rodat a partir dunha ideia que el mesmo concebiu xunto a Spielberg, está ambientado xusto despois de que os áliens aliminaran a case toda a povoación da Terra. Wyle interpretará ao líder dun grupo de soldados e civís famentos que loitan contra as forzas de ocupación alieníxenas.

Wyle xa protagonizou catro filmes anteriormente para esta mesma canle: as da saga de Librarian, que xa levan tres entregas, e a mítica Piratas de Silicon Valley, na que interpretou a Steve Jobs.

Non podería sentir-me mais na casa“, dixo Wyle.