Remake de Curtacircuito

0
165

A Dimension Films ven de adquirir os dereitos para tentar facer un remake da clásica comédia de ciéncia-ficción de 1985 Curtacircuito, sobre Número 5, un robot militar que desenvolvía unha conciéncia de seu após de que lle caíra un lóstrego enriba. S.S. Wilson e Brent Maddock, escribirán o guión e David Foster e Ryan E. Heppe serán os produtores xunto a John Hyde.