A secuela de 300 xa en marcha

0
219

300A secuela de 300 xa está a se preparar. Zack Snyder, o director do filme orixinal, ven de confirmar que Frank Miller, o creador da novela gráfica na que se baseou a película, está a traballar nunha história que chegará aos andéis das librarías antes de dar o chimpo á pantalla grande.

Sei que Frank está a escribi-la agora mesmo“, dixo Snyder nunha entrevista co gallo do lanzamento en Blu-Ray de Watchmen e da sua re-estrea nos cinemas dos Estados Unidos con novas escenas. O director asegurou que  Miller está “moi metido” neste proxecto e que mesmo “vai volver a Grécia a facer outro recoñecemento” para fixar na sua mente as localizacións. “Vai ser mais grande en canto á ambientación e o terreo. Imos ver Atenas, o Exeo e outros lugares“, revelou.

En todo caso, Snyder asegurou que a secuela manterá a eséncia e a estética da primeira película e que na rodaxe utilizarán a mesma tecnoloxía. “Coido que usaremos a mesma tecnoloxía… non quero que pareza a Guerra das Galáxias“, apuntou o director que recoñece que a tecnoloxía usada en 300 non era revolucionária“, senon que é básicamente “a que utilizan os homes do tempo“.