Chega o frío Vento do Norde

0
225

North WindA Davis Entertainment ven de adquirir os dereitos cinematográficos do cómic de ciéncia-ficción que debuxa o vigués Álex Cal para a editorial Boom Studios North Wind, e contratou ao guionista David DiGilio para que adapte a série (composta por cinco cómics) á pantalla grande.

A história ten lugar nun Los Angeles situada nalgún punto do futuro, anos despóis de que o quencemento global provocara unha nova idade de xeo. A meirande parte dos supervivintes habitan baixo o xeo e están governados por un ditador que como castigo aos seus opoñentes exília á xente a vivir na superfície. As súas crueis accións causan que ún dos exiliados organice unha revolución.

John Davis producirá o filme xunto cos co-fundadores da Boom Studios, Andrew Cosby e Ross Richie, quen financiarán o proxecto a través da súa empresa Boom Entertainment. DiGilio traballará ademáis como produtor executivo.

O filme será ún máis dentro da liña de ciéncia-ficción que ven desenvolvendo a Davis Entertainment, entre cuxas anteriores producións están Eu Robot, Alien vs. Predator e Eragon.