Guy Pearce e o medo á escuridade

0
233

Guy PierceGuy Pearce está en negociacións finais para se unir ao reparto do thriller sobrenatural Don’t Be Afraid of the Dark que producirán os estudos Miramax Films.

Baseado nun telefilme de 1973, a nova longametraxe narrará a história dunha rapaza que se muda con seu pai e mais a moza del e descubre que na nova casa habitan creaturas demoníacas.

Bailee Madison (A ponte a Terabithia) será a rapaza protagonista. Pearce interpretará ao pai, un escritor canso de escoitar aos contos de monstros da súa filla, na que non acreditará ainda mesmo que a súa moza (que será Katie Holmes) a apoie.

Troy Nixey dirixirá este proxecto, que conta cun guión de Guillermo del Toro e Matthew Robbins. A rodaxe dará comenzo o mes que ven en Melbourne, Austrália.