O director Matt Reeves (Cloverfield) vende revelar nunha recente entrevista algúns novos detalles sobre o que será o remake americano do recente éxito sueco de terror e vampiros Låt den rätte komma in.
Reeves desvelou que ven de completar un segundo guión para o proxecto, que trasladará a acción até o Colorado dos anos 80. As localizacións serán axiña visitadas para que coincidan co ambiente orixinal de neve e xelo.
Tal e coma se anunciara anteriormente, a versión americana do filme levará por título Let Me In (Déixame entrar) que é a tradución en inglés mais aproximada ao título da novela orixinal de John Ajvide Lindqvist.
O filme orixinal de 2008 céntra-se en Oscar, un rapaz asoballado polos seus compañeiros de clase que pode atopar o amor e mais a vinganza grazas a Eli, unha fermosa pero algo peculiar rapaza que resulta ser unha muller vampiro.
Reeves tamén dixo que ainda non hai plans para aumentar a idade dos protagonistas e asemade evitar que este filme se asemelle á saga de Twilight, chea de adolescentes e histórias de amor entre eles.