Stan Lee terá un papeliño en "Iron Man 2"

0
172

Stan LeeA lenda do cómic e creador de case todos os persoaxes da Marvel Comics Stan Lee contará novamente cun papel na vindeira secuela de Iron Man que se está a producir, e esta vez interpretará ao popular entrevistador Larry King.

Na súa interpretación de King, Lee terá que entrevistar a Tony Stark no seu programa “Larry King Live” e lle preguntará polas súas vindeiras innovacións na armadura de Iron Man, e especificamente pola nova cór negra que seica terá o uniforme de combate do superheroe.

Con este papel, Lee poderá por fin contar cun persoaxe algo mais importante do que lle deron nos anteriores filmes de persoaxes seus, onde tan só puido contar con breves cameos. Na anterior película de Iron Man, Lee interpretaba ao dono e creador da revista Playboy, Hugh Hefner.