Os lobishomes volven a Londres

0
170

Un lobishome americano en LondresTodo semella indicar que está en preparación un remake da clásica comédia de terror de 1981 Un lobishome americano en Londres, após de que o guionista e director do filme orixinal, John Landis, vendera os dereitos para facer un remake da propiedade á Dimension Films.

O filme orixinal ía sobre uns turistas americanos en Inglaterra, que eran atacados por un lobishome, mália que ningún deles quere admitir que eses seres existan realmente.

En 1997 estreou-se unha secuela, que non tivo moito éxito, titulada Un lobishome americano en París.