Michael Bay e o Número Catro

0
154

Michael BayO director de Transformers, Michael Bay, producirá e posíbelmente dirixirá I Am Number Four (Eu son o Número 4) para os estudos Dreamworks Pictures.

Baseada nunha saga de seis libros de ciéncia-ficción, a história vai sobre un grupo de nove áliens que escapan á Terra xusto antes de que o seu planeta fose destruído por unha raza inimiga.

Mentres os rapaces de idade escolar van-se adaptando ao seu novo entorno na Terra, o persoaxe principal descubre que está a ser perseguido polos inimigos que destruiron o seu planeta natal.

James Frey (A Million Little Pieces) será ún dos guionistas, mentres que se agarda que Steven Spielberg estea implicado neste filme dalgún xeito semellante ao traballo que xa realizou en Transformers.