Darabont en Fahrenheit 451

0
193

Frank DarabontNo decurso da 35 gala dos prémios Saturno entregados a semana pasada, o director Frank Darabont (A Brétema, Cadea Perpétua) revelou aos reporteiros que a súa adaptación ao cinema do clásico Fahrenheit 451 é nestes intres unha prioridade para el.

Foi unha loita dura. En Hollywood non confían no bó material… realmente, tiven unha audición cun xefe dos estudos e dixo ‘Uau, ese é o millor e mais intelixente guión que lin dende que son xefe destes estudos, pero non lle podo dar a miña aprobación’. Eu preguntei por que e el dixo ‘Como podería levar daquela aos meus fillos de 13 anos ao cinema?’“.

E que pasa coa adaptación da novela de Stephen King A longa marcha? “Vaise facer axiña, coido. Pero fareina, estou seguro, e sairá mais barata do que foi A Brétema porque non quero sacar as cousas fóra de presuposto. É un xeito moi sinxelo, raro, case artístico de se achegar a unha história e facer cinema“, dixo Darabont.