Lucas utiliza aos seus soldados

0
236

O casco dos soldados do impérioA Lucasfilm de George Lucas vai demandar a un deseñador de accesórios de atrezzo de Londres por infrinxir os dereitos de autor sobre os disfraces de soldado do Império das películas da Guerra das Galáxias, que seica o deseñador está a producir e vender.

A Lucasfilm afirma que se produciron violacións dos dereitos de copyright e das marcas rexistradas por parte do deseñador Andrew Ainsworth, quen esculpiu os cascos dos soldados do Império para o primeiro filme da saga da Guerra das Galáxias en 1977. As réplicas do deseñados londinense Ainsworth vénden-se xunto coa armadura, que din que proceden de moldes orixinais dos filmes, no seu sítio Web.

A Lucasfilm xa gañara un xuizo no que pedían 20 millóns de dólares contra Ainsworth nun tribunal de Califórnia en 2006 e agora procuran que os xulgados tamén lle dean a razón en Inglaterra.

Pero Ainsworth contraataca con outra demanda, na que afirma que os dereitos de autor son seus, e pide que a Lucasfilm lle indemnice polos seis filmes producidos da saga da Guerra das Galáxias nunha cantidade que os seus avogados estiman en 24.000 millóns de dólares.

A Lucasfilm e mais os seus avogados din que o deseño dos soldados do império foi realizado por George Lucas e pola súa equipa artística e que xa existía cando Ainsworth foi contratado para deseñar os cascos.