A Warners fai-se coa Midway Games

0
159

Mortal KombatA Warner Bros. Pictures ven de se facer cos dereitos sobre moitos dos videoxogos da agora defunta compañía Midway Games grazas a que un tribunal puxo á venda os activos desta empresa, que se atopa nun proceso de creba.

Por uns módicos 33 millóns de dólares os estudos se fixeron con franquías tan populares coma Mortal Kombat, Spy Hunter, Space Invaders, Pac-Man, Rampage e Joust. A empresa de videoxogos, radicada en Chicago, foi unha das mais salientábeis do mundo nos últimos 30 anos pero após dunha série de medidas desafortunadas tivo que se declarar en bancarrota e ir á creba xudicial a primeiros deste ano.

A Warners non revelou que plans ten para os xogos cos que ven de se facer nin se ten pensado converte-los en películas, ainda que o feito de que non mercaran os dous estudos de desenvolvemento cos que contaba a Midway fai pensar que non teñen intención de continuar coas franquías no mercado dos videoxogos.

A versión para o cinema do videoxogo Spy Hunter e mais o relanzamento en forma de remake de Mortal Kombat levan enriba da mesa dos produtores de Hollywood moito tempo, e se cadra esta é a súa oportunidade.